Ir ao contido principal
Ilustración dunha cidade futurista, que representa o ecosistema Ethereum.

Dámoslle a benvida a Ethereum

A plataforma líder das aplicacións innovadoras e as redes de blockchain

Rede

Que é Ethereum?

Ethereum é unha rede blockchain descentralizada de código aberto e unha plataforma de desenvolvemento de software, impulsada pola criptomoeda ether (ETH). Ethereum é a base segura e global para unha nova xeración de aplicacións imparables.

A rede Ethereum está aberta a todo o mundo: non se require ningún permiso. Non ten propietario e está construída e mantida por miles de persoas, organizacións e usuarios de todo o mundo.

Casos de uso

Unha nova forma de usar Internet

Diñeiro dixital para o uso diario

As stablecoins son moedas que manteñen un prezo estable, equiparado a activos estables como o dólar estadounidense. Accede a pagos globais ao instante ou almacena valor en dólares dixitais en Ethereum.

Descubre as stablecoins

Un sistema financeiro aberto a todos

Pide prestado, presta, gaña xuros e moito máis, sen unha conta bancaria. O sistema financeiro descentralizado de Ethereum está aberto as 24 horas do día, os 7 días da semana para calquera persoa con conexión a Internet.

Explorar DeFi

A rede de redes

Centos de redes de capa 2 (Layer 2) están construídas sobre Ethereum. Goza de taxas baixas e transaccións case instantáneas mentres te beneficias da seguridade comprobada de Ethereum.

Descubre as Layer 2s

Aplicacións que respectan a túa privacidade

As aplicacións creadas en Ethereum funcionan sen vender os teus datos. Dende as redes sociais ata os xogos ou o traballo, usa a mesma conta para cada aplicación innovadora mentres mantés a privacidade e o acceso.

Navegar polas aplicacións

O internet dos activos

Dende a arte ata os bens inmobles e as accións, calquera activo pode ser tokenizado en Ethereum para probar e verificar a propiedade dixitalmente. Compra, vende, intercambia e crea activos e obxectos de colección, en calquera momento e en calquera lugar.

Máis sobre NFTs
Token

Que é o ETH?

O ether (ETH) é a criptomoeda nativa que alimenta a rede Ethereum, utilizada para pagar as taxas de transacción e para protexer a blockchain a través do staking.

Máis aló da súa función técnica, o ETH é diñeiro dixital aberto e programable. Utilízase para pagos globais, como garantía para préstamos e como reserva de valor que non depende de ningunha entidade central.

3.268,77 $
Prezo actual de ETH (USD)
Actividade

O ecosistema máis forte

Ethereum é a plataforma líder para emitir, xestionar e liquidar activos dixitais. Dende o diñeiro tokenizado e os instrumentos financeiros ata os activos do mundo real e os mercados emerxentes, Ethereum proporciona unha base segura e neutral para a economía dixital.

Actividade na Mainnet de Ethereum e nas redes de capa 2

151.500 M$
Valor bloqueado no DeFi 
116.600 M$
Valor que protexe Ethereum 
0,0019 $
Coste medio de transacción 
16,99 M
Transaccións feitas nas últimas 24 h 
Valores

A Internet está a cambiar

Forma parte da revolución dixital

Programadores

A maior comunidade de programadores de blockchain

Ethereum alberga o ecosistema para programadores máis grande e dinámico de Web3. Usa JavaScript e Python ou aprende unha linguaxe de contratos intelixentes, como Solidity ou Vyper, coa que escribir a túa propia aplicación.

Exemplos de código

Novas de Ethereum

As últimas publicacións e actualizacións da comunidade

Eventos Ethereum

As comunidades de Ethereum aloxan eventos en todo o mundo durante todo o ano